DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47427

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2023 pola que se anuncia o acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia de publicación da memoria anual de actividades do Consello de Contas de Galicia correspondente ao exercicio 2022 acompañada dos informes de fiscalización que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, do 27 de xullo de 2023, da memoria anual de actividades correspondente ao exercicio 2022 acompañada dos informes de fiscalización que a seguir se relacionan:

– Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma. Exercicio 2021.

– Informe de fiscalización da Conta Xeral do Sergas. Exercicio 2021.

– Informe de fiscalización da Conta Xeral das entidades locais de Galicia. Exercicio 2021.

– Informe económico-financeiro das entidades instrumentais autonómicas. Exercicio 2021.

– Informe de fiscalización dos fondos europeos. Exercicio 2021.

– Informe de fiscalización dos fondos de compensación interterritorial. Exercicio 2021.

– Informe de fiscalización do impacto da pandemia COVID-19 no ámbito da contratación do Sergas.

– Informe de fiscalización dos contratos-programa subscritos entre as fundacións sanitarias e o Sergas.

– Informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade. Deputación de Ourense, exercicio 2022.

– Informe de avaliación e análise da situación económico-financeira-patrimonial e orzamentaria dos consellos reguladores das denominacións xeográficas do sector alimentario.

Enlace para acceder á memoria de actividades do exercicio 2022:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/transparencia/actividades

Enlace para acceder aos informes de fiscalización:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023

Simón Rego Vilar
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia