DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47420

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2023/24, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Mediante a Resolución do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional (DOG núm. 95, do 22 de maio), fíxose público o anuncio da resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2023/24, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

A disposición décimo terceira da resolución da convocatoria establece que a directora xeral de Formación Profesional ditará unha resolución que conteña a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos e cursos de especialización plurilingües e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Segundo o artigo 25.1 do Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Dirección Xeral de Formación Profesional é o órgano directivo da Administración xeral da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponde exercer as competencias e funcións que se lle atribúen á Xunta de Galicia en materia de formación profesional (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües no curso 2023/24, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

Centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2023/24

Código do centro

Centro

Código do ciclo/curso especialización

Ciclo/curso especialización

Idioma incorporado

15005270

CPR Afundación A Coruña

SADG02

Asistencia á dirección

Inglés

15005749

CIFP Universidade Laboral

SELE52

Robótica colaborativa

Inglés

SIMA52

Modelaxe da información da construción (BIM)

Inglés

SIMA51

Fabricación intelixente

Inglés

MAFD02

Guía no medio natural e de tempo libre

Inglés

SENA01

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Inglés

SELE03

Automatización e robótica industrial

Alemán (1º)

Inglés (2º)

S17004

Prevención de riscos profesionais

Portugués

SAFD02

Acondicionamento físico

Inglés

SIMA03

Mecatrónica industrial

Inglés

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

SHOT03

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés (1º)

Francés (2º)

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

SQUI01

Laboratorio de análise e de control de calidade

Inglés

15016000

CIFP Compostela

SHOT05

Dirección de servizos de restauración

Inglés

MARG02

Preimpresión dixital

Inglés

SHOT01

Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

15021469

CIFP Leixa

SARG02

Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Inglés

SSSC03

Animación sociocultural e turística

Inglés

15021482

IES San Clemente

MIFC01

Sistemas microinformáticos e redes

Portugués

SIFC01

Administración de sistemas informáticos en rede

Portugués

SIFC02

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

SIFC03

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

15021974

EFAG Fonteboa

MAFD02

Guía no medio natural e de tempo libre

Inglés

SAGA03

Gandaría e asistencia en sanidade animal

Inglés

SCOM01

Transporte e loxística

Inglés

15022607

CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

SSAN01

Audioloxía protésica

Inglés

15024513

CIFP Someso

SFME01

Programación da produción en fabricación mecánica

Inglés

STMV01

Automoción

Inglés

SIMP02

Estilismo e dirección de peiteado

Inglés

15025682

CIFP Fraga do Eume

SHOT05

Dirección de servizos de restauración

Portugués

15026753

IES A Pontepedriña

SCOM02

Comercio internacional

Inglés

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

SAFD01

Ensinanza e animación sociodeportiva

Inglés

27006528

CIFP As Mercedes

STMV04

Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina

Inglés

STMV01

Automoción

Inglés

SENA01

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Inglés

SIMA02

Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

Inglés

SCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

Inglés

SCOM04

Márketing e publicidade

Inglés

27015311

IES A Pinguela

SIFC03

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

SSEA04

Química e saúde ambiental

Inglés

SQUI01

Laboratorio de análise e de control de calidade

Inglés

SSAN05

Laboratorio clínico e biomédico

Inglés

SSAN09

Hixiene bucodental

Inglés

SIFC03

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

SIFC02

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

SIFC01

Administración de sistemas informáticos en rede

Portugués

SQUI50

Cultivos celulares

Inglés

SIFC52

Intelixencia artificial e big data

Inglés

32015050

CIFP A Farixa

SHOT03

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés

SIMS01

Produción de audiovisuais e espectáculos

Italiano (1º)

Inglés (2º)

32016285

IES de Vilamarín

SHOT04

Dirección de cociña

Inglés

SHOT05

Dirección de servizos de restauración

Inglés

32016765

CIFP Portovello

SADG02

Asistencia á dirección

Inglés

SCOM03

Xestión de vendas e espazos comerciais

Inglés

SSSC03

Animación sociocultural e turística

Inglés

MSSC01

Atención a persoas en situación de dependencia

Portugués

36002359

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

SADG01

Administración e finanzas

Inglés

SIFC02

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

36011211

CPR Plurilingüe San Miguel 2

BIFC11

Informática e comunicacións

Inglés

BIFC12

Informática de oficina

Inglés

36013448

CIFP Manuel Antonio

SQUI02

Química industrial

Inglés

SSAN06

Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

Inglés

STCP01

Patronaxe e moda

Inglés

36013771

CIFP Fontecarmoa

SCOM02

Comercio internacional

Inglés

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

SMAM01

Deseño e amoblamento

Portugués

SFME50

Fabricación aditiva

Inglés

36019529

IES Ribeira do Louro

SADG01

Administración e finanzas

Inglés

SCOM02

Comercio internacional

Inglés

36020064

CIFP Carlos Oroza

BHOT11

Cociña e restauración

Inglés

MHOT01

Cociña e gastronomía

Inglés

MHOT02

Servizos en restauración

Inglés

SHOT01

Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

SHOT03

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés

MINA01

Panadaría, repostaría e confeitaría

Inglés