DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 47059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2023 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Rotnaf e Silva.

Antecedentes:

1. O día 16 de xuño de 2023, Vanesa García Padín solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Rotnaf e Silva.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación, á cal xunta a Sentenza número 55/2023, do 8 de xuño de 2023, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Rotnaf.

Situación:

Cuadrícula nº: 36.

Polígono: E.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 8.4.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Juan Francisco Otero Rey (***1447**), Vanesa García Padín (***2094**), Emilio Otero Rey (***1254**) e María del Carmen Varela Caramés (***6187**).

Novos titulares: Juan Francisco Otero Rey (***1447**), Emilio Otero Rey (***1254**) e María del Carmen Varela Caramés (***6187**).

Tipo: batea.

Nome: Silva.

Situación:

Cuadrícula nº: 52.

Polígono: D.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 6.3.1979.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Juan Francisco Otero Rey (***1447**), Vanesa García Padín (***2094**) e Emilio Otero Rey (***1254**).

Novos titulares: Juan Francisco Otero Rey (***1447**) e Emilio Otero Rey (***1254**).

Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde a data da sentenza xudicial que se cita nos antecedentes.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 11 de xullo de 2023

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo