DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 47056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2023 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa das bateas Cancela II e M. IV.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Cancela II e M. IV e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

Antecedentes:

Primeiro. O día 22 de xuño de 2023, Ricardo López Piñeiro solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Cancela II e M. IV.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mejilloneras Erimar, S.L. (B13785258), das concesións administrativas e dos establecementos que se indican a seguir:

Tipo: batea.

Nome: Cancela II.

Situación:

Cuadrícula nº: 92.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.2.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Erika Viviana Rodríguez Valencia (***9686**), (50 % ganancial) e Ricardo López Piñeiro (***3802**), (50 % ganancial).

Nova titular: Mejilloneras Erimar, S.L. (B13785258).

Tipo: batea.

Nome: M. IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 49.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.11.1946.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Erika Viviana Rodríguez Valencia (***9686**), (50 % ganancial) e Ricardo López Piñeiro (***3802**), (50 % ganancial).

Nova titular: Mejilloneras Erimar, S.L. (B13785258).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 10 de xullo de 2023

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Xefa territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 4.8.2022)
María Paz Sánchez Díaz
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica