DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 28 de xuño de 2023, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00403-O-2022 e quince máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00403-O-2022 e quince máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-pq

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00403-O-2022

9911-KDM

00407108P

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %

11.2.2022; 9.06.00; A-52; 188,0

Art. 140.23 LOTT Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.h) ROTT Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

OU-01140-O-2022

0769-LKG

35601130M

Transportar mercadorías perigosas carecendo dos paneis de cor laranxa ou de calquera outra sinalización exixible relativa ás mercadorías contidas, así como levalos ilexibles.

8.6.2022; 12.45.00; A-52; 202,0

Art. 197.16.5 ROTT

Art. 140.15.5 LOTT

Art. 201.i) ROTT Art. 143.1 LOTT

4.001 euros

PO-00445-O-2022

4950-GSG

03089897P

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE) e carecer deste.

30.9.2021; 14.15.00; AP-9; 170,5

Art. 197.45 ROTT

Art. 143.1 LOTT e Art. 201.h) ROTT

2.001 euros

PO-00852-O-2022

4950-GSG

03089897P

A realización de transportes de mercadorías incumprindo as condicións establecidas no artigo 54 da LOTT.

30.9.2021; 14.15.00; AP-9; 170,5

Art. 140.32 LOTT

Art. 197.37 ROTT

Art. 201.1.g) ROTT Art. 143.1 LOTT

1.001 euros

PO-01668-O-2022

3998-DSK

35322895R

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor/a ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao comezar e ao finalizar a viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste en poder seu.

13.1.2022; 19.35.00; A-52; 281,6

Art. 140.22 LOTT Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.h) ROTT

2.001 euros

PO-01677-O-2022

3998-DSK

35322895R

A falta de identificación do/da condutor/a nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

13.1.2022; 19.35.00; A-52; 281,6

Art. 140.22 LOTT Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.h) ROTT

2.001 euros

PO-01806-O-2022

3998-DSK

35322895R

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

13.1.2022; 19.35.00; A-52; 281,6

Art. 140.34 LOTT

Art. 197.39 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02295-O-2022

7124-DFS

15491993K

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %

24.2.2022; 15.22.00; A-55 13,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.h) ROTT Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

PO-02741-O-2021

PO-6798-BP

45665909F

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor/a ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao comezar e ao finalizar a viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste en poder seu.

19.7.2021; 11.53.00; PO-510; 0,8

Art. 140.22 LOTT Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.h) ROTT

2.001 euros

PO-02742-O-2021

PO-6798-BP

45665909F

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP.

19.7.2021; 11.58.00; PO-51;0 0,8

Art. 140.18 LOTT Art. 197.19 ROTT

Art. 201.h) ROTT Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

PO-02832-S-2021

3998-DSK

35322895R

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

2.7.2021; 10.30.00

Art. 140.34 LOTT Art. 197.39 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02835-S-2021

3998-DSK

35322895R

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas do día en curso e dos 28 días anteriores, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

2.7.2021; 10.30.00; r/ Doctor Corbal

Art. 197.40 ROTT Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.g) ROTT

1.001 euros

PO-02850-S-2021

3998-DSK

35322895R

A utilización dunha mesma folla de rexistro ou da tarxeta de condutor/a durante un período de tempo superior ao que corresponda, cando iso dea lugar a unha perda de datos ou a unha superposición de rexistros que impida a súa lectura.

2.7.2021; 10.30.00; r/ Doctor Corbal

Art. 140.25 LOTT Art. 197.29 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.g) ROTT

1.001 euros

XC-01129-O-2022

7090-FLV

36164999Y

Non levar o aparello taxímetro no caso de que este sexa exixible, a manipulación deste, facelo funcionar de xeito inadecuado ou impedir a súa visibilidade á persoa usuaria, así como cantas accións teñan por finalidade alterar o seu normal funcionamento, e a instalación de elementos mecánicos, electrónicos ou doutra natureza destinados a alterar o correcto funcionamento do taxímetro ou a modificar as súas medicións, mesmo cando este non estea en funcionamento no momento de se realizar a inspección, ou non levalo en funcionamento durante a prestación do servizo cando fose obrigatorio.

15.11.2021; 11.16.00; SC-21; 1,1

Art. 60.h) da

Lei 4/2013

Art. 63 da

Lei 4/2013

2.001 euros

XC-02296-O-2022

8906-HYG

X7363918P

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE) e carecer deste.

8.3.2022; 18.15.00; N-550; 43,5

Art. 197.45 ROTT

Art. 143.1 LOTT e Art. 201.h) ROTT

2.001 euros

XC-02315-O-2022

4550-CCM

34911323Z

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %

8.3.2022; 16.41.00; N-550; 43,5

Art. 140.23 LOTT Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.h) ROTT Art. 143.1 LOTT

2.001 euros