DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 2022/215-1).

Expediente: IN407A 2022/215-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: instalación de telecontrol en LMT BOI807 apoio 9RAM2KDN//42-A1.

Concello: Rianxo.

Feitos:

1. O día 4.8.2022 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

1º. Proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol en LMT BOI807 apoio 9RAM2KDN//42-A1, asinado o día 7.3.2022 por Rubén Fervenza Nicolás, graduado en Enxeñaría Eléctrica, número de colexiado 4.684 de Vigo (COETI de Vigo).

2º. Anexo, asinado o 31.5.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial con número de colexiado 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 15.12.2022, publicado nos seguintes medios:

– DOG: 9.1.2023.

– BOP: 22.12.2022.

La Voz de Galicia: 22.12.2022.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 14.6.2023.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: 9.1.2023.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública o Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural na Coruña advirte que a parcela 7743 do polígono 70 non é propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Taragoña. A dita alegación envióuselle á promotora para que se manifestase sobre esta en defensa dos seus intereses. A promotora optou por corrixir a titularidade do dito predio, que pasou a ser de titularidade descoñecida, polo que as futuras dilixencias sobre ela se entenderían co Ministerio Fiscal, de conformidade co regulado na Lei de expropiación forzosa.

4. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Rianxo e Augas de Galicia. No día desta resolución non consta no expediente resposta das ditas entidades á solicitude do condicionado solicitado.

5. O 9.6.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

1º. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2º. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3º. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4º. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5º. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

6º. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

7º. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

8º. Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

9º. Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

10º. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

11º. Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. As instalacións están no lugar de Corques, parroquia de San Salvador de Taragoña, no concello de Rianxo, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Instalación de interruptor telecontrolado en apoio nº 9RAM2KDN//42-A1 de formigón existente da LMTA BOI807 Bealo, 7 (exp. 50.669), alimentada pola subestación Boiro, para substituír por un de tipo celosía C-2000/14.

– Retensado LMTA a 20 kV, de 499 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº 9R4LQP8V//42 existente da LMTA BOI807 Bealo, 7 (exp. 50.669), alimentada pola subestación Boiro, e remate no apoio nº 9RFKF71U//42-A2 existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así coma das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 21 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña