DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2022/245-1).

Expediente: IN407A 2022/245-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMTS, CT e RBT Areas.

Concello: Carballo.

Feitos:

1. O día 24.8.2022 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os documentos seguintes:

• Proxecto de execución denominado LMTS, CT e RBT Areas, asinado o 22.2.2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro tecnico industrial eléctrico con número de colexiado 2.980 de Vigo.

• Anexo, asinado o 19.7.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial con número de colexiado 15.670 de Madrid.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante o Acordo do 14 de marzo de 2023, publicado nos seguintes medios:

– DOG: 4.4.2023.

– BOP: 17.3.2023.

La Voz de Galicia: 27.3.2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 29.5.2023.

– Portal da transparencia e Goberno aberto da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: 4.4.2023.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionadas coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Carballo como entidade afectada. UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade co condicionado emitido.

5. O 13.6.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

a) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

b) Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

c) Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

d) Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

e) Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

f) Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

g) Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

h) Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

i) Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

j) Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

k) Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

– LMTS a 15 kV, de 52 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº A07GLVC7//97 para substituír na LMT LAR703 (exp. 27.393), procedente da subestación Laracha, e remate no CTC proxectado.

– LMTA a 20 kV, de 112 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº A07GLVC7//97 para substituír da LMT LAR703 (exp. 27.393) e remate no apoio nº AP A052B7ML//98 existente. Substitución do apoio nº A07GLVC7//97 por un de tipo C-1000/16 con seccionador XS. Retensado de tramo LMTA, 138 m, con orixe no apoio nº A07GLVC7//97 para substituír e remate no apoio nº A0AEV89P//96 existente.

– CT compacto prefabricado fin de liña tipo rural e manobra exterior no lugar de Areas, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 22 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña