DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e cartas de pagamento en materia de industria IN635C SANC-IND OU 2022/24-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícanselle á entidade relacionada no anexo o acto que se indica, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 6 de xullo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

CIF da entidade

Acto adoptado por

Data do acto

IN635C SANC-IND OU 2022/24-3

Proposta de resolución e cartas de pagamento

H32275976

A instrutora

9 de xuño de 2023