DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios Viveristas del Noroeste (Asvinor).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios Viveristas del Noroeste (Asvinor).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: as empresas xurídicas ou físicas cuxa actividade principal sexa producir planta con explotación en funcionamento e os seus ingresos proveñan principalmente da produción de planta.

– Asinantes: Anselmo Lamigueiro Merino e Ignacio Etcheverría Rey.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais