DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito dos estatutos da AGAP-Asociación Galega de Avicultura de Posta.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 24 de maio de 2023 os estatutos da AGAP-Asociación Galega de Avicultura de Posta (https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: organización constituída pola libre asociación de empresas do sector avícola de posta, calquera que sexa a súa forma xurídica.

Asinantes: Alejandro Campos Vázquez, Ignacio Nercellas Torres, Juan José Legaspi Díaz e Rodrigo García García.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais