DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de AGAG-Asociación Sindical Galega de Guionistas.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que, na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos de AGAG-Asociación Sindical Galega de Guionistas (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: a asociación integrará todos/as os/as profesionais do guión que voluntariamente soliciten a súa afiliación.

– Asinantes: Sara Varela e Ángela María Andrada.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais