DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2023 Páx. 44336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 678-10137.

Mediante este anuncio faise público que, mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 26 de xuño de 2023, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 678-10137 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 864,70 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actual titular: Ramón Pérez Tourís (***1433**).

Novos titulares: Alberto Ramón Pérez Iglesias (***6304**), María Luisa Pérez Iglesias (***6493**) e Joaquín Manuel Pérez Iglesias (***7126**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 26 de xuño de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo