DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2023 Páx. 44335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia en dilixencias por incumprimento en materia de montes.

De conformidade co disposto no artigo 68.bis.3. da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Montes.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa finalización.

Lugo, 30 de xuño de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral da parcela afectada

Acto de notificación

DMM 70/2023

33655699Y

27053A009001230000QH

Requirimento