DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2023 Páx. 44337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 20 de xuño de 2023, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Amares Mariña, S.L. de concesión administrativa no porto de Burela con destino á ocupación do dominio publico portuario en superficie e do edificio (14.05.EDF.008) bar 1+bar 2 (almacén anexo) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de bar-restaurante (expediente 14-05-22-C-1).

O día 16 de xuño de 2023, a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada por Amares Mariña, S.L. de concesión administrativa no porto de Burela con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio (14.05.EDF.008) bar 1+bar 2 (almacén anexo) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de bar-restaurante, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de xuño de 2023

Antonio López Fernández
Xefa da Zona Norte