DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2022/297-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LSMT 20 kV de enlace entre novos CTC Piñeiro y CTC Cedofeita.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas principais:

• Modificación da liña aérea de alta tensión a 20 kV Ribadeo (SE Porzún) derivación CT Piñeiro, con orixe no apoio A57202 existente e final nun apoio proxectado tipo C-14/2000, cunha lonxitude de 140 metros en condutor LA-30 existente.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Ribadeo, derivación novo CT Piñeiro, con orixe nun paso aéreo a soterrado no apoio proxectado tipo C-14/2000 e final nunha cela do novo CT prefabricado Piñeiro, cunha lonxitude de 60 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cabarcos, derivación novo CT Cedofeita, con orixe nun paso aéreo a soterrado no apoio existente 7374 (antigo CTI Cedofeita) e final nunha cela do novo CT prefabricado Cedofeita, cunha lonxitude de 32 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV enlace entre os CT Piñeiro e Cedofeita, con orixe nunha cela do novo CT prefabricado Piñeiro e final nunha cela do novo CT prefabricado Cedofeita, cunha lonxitude de 2.897 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado Novo Piñeiro, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas, e unha cela de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado Novo Cedofeita, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas, e unha cela de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmóntanse setenta metros de condutor LA-30, o CTI 8791 Piñeiro e o CTI 7374 Cedofeita.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 737.774,00 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Ribadeo.

• Separata para a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

• Separata para Enagas.

• Separata para a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, de 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 27 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo