DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/338-1).

Expediente: IN407A 2022/338-1.

Promotora: Hidroléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos.

Concello: A Laracha.

Feitos:

1. O día 19.10.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

Achega o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado Reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos, asinado por Juan Jesús Arijón Lafuente, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.608 da Coruña, o 10.10.2022, con nº de visado 2795/22-CO, do 11.10.2022.

• Anexo 1, asinado por Juan Jesús Arijón Lafuente, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.608 da Coruña, o 8.6.2023, con nº de visado 2795/22-CO, do 8.6.2023.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación: 13.3.2023.

• DOG: 13.3.2023.

• BOP: 22.2.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 22.2.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 4.5.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas, Concello da Laracha, Augas de Galicia, Nedgia e Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados polos ditos organismos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 30.6.2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. As instalacións están nos lugares de Estramil e A Cachada, no concello da Laracha, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Reforma dun treito de LMTA A Cachada (expediente 52.221), procedente da subestación A Laracha, a 15 kV, substituíndo o condutor nu de tipo LA-30, por novo condutor tamén nu de tipo LA-56. A liña que se vai reformar ten o seu inicio no apoio nº 18-3 proxectado de tipo C-14/3000, que substitúe o existente de tipo HV-13/250 da LMT A Cachada (expediente 52.221) e finaliza no apoio nº 18-8 existente de tipo HV-15/1600 desta mesma liña. A lonxitude total da liña que se vai reformar é de 693 metros. Como consecuencia do cambio de condutor, faise necesaria a substitución de catro apoios de formigón por novos apoios de celosía e formigón. No apoio nº 18 existente de tipo HV-13/1600 e no apoio nº 18-3 proxectado de tipo C-14/3000 instalarase un novo xogo de pararraios autoválvulas de 18 kV/10 kA e un PA/S para a liña subterránea proxectada que se describirá máis adiante. As terras disporanse en anel pechado ao redor deles. O apoio nº 18-3 proxéctase con revestimento antiescalada ata unha altura mínima de 2,50 metros.

• Desmontaxe dun treito de LMTA A Cachada (expediente 52.221), a 15 kV, en condutores nus de tipo LA-30, así como dos apoios de formigón sobre os que están tendidos os condutores da liña que se vai desmontar. O treito de liña que se vai desmontar ten o seu inicio no apoio nº 18 existente de tipo HV-13/1600 da LMT Cillobre-Estramil-Lendo (expediente 51.892) e finaliza no apoio nº 18-3 proxectado de tipo C-14/3000, que substitúe o existente de tipo HV-13/250 da LMT A Cachada (expediente 52.221). A lonxitude do treito de liña que se vai desmontar é de 296 metros. No seu lugar proxéctase nova LMTS formada por dous treitos de simple circuíto, o primeiro deles de 289 metros e o outro de 284 metros de lonxitude, e outro tramo en dobre circuíto de 22 metros de lonxitude, todos eles en condutor de tipo RHZ1-12/20 kV, 3 (1×150 Al). A nova liña terá o seu inicio no paso PA/S a realizar no apoio nº 18 existente de tipo HV-13/1600 da LMT Cillobre-Estramil-Lendo (expediente 51.892), e finalizará no PA/S a realizar no apoio nº 18-3 proxectado de tipo C-14/3000, que substitúe o existente de tipo HV-13/250 da LMT A Cachada (expediente 52.221), despois de facer E/S no CT proxectado. A lonxitude total da liña proxectada é de 617 metros. A liña proxectada discorrerá soterrada en gabia de dimensións 0,50 metros de ancho e de entre 1,20 e 1,40 metros de profundidade, canalizada no interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, instalándose polo menos outro tubo de similares características co anterior a modo de reserva e un tubo de polipropileno de 125 mm de diámetro para comunicacións. A lonxitude total da canalización proxectada é de 563 metros.

• Novo CT Os Marcos compacto prefabricado de manobra interior de 50 kVA, relación de transformación 20.000-15.000/400-230 V, en configuración 2L1P. Desmontaxe do CT Os Marcos (IN407A 233/99) existente tipo intemperie de 25 kVA instalado sobre apoio nº 18-2 de formigón.

4. Na visita realizada o 28.6.2023 para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe, en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 5 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña