DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao monte de Guldriz, no concello de Friol (expediente 92_80/2021_37).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 14.6.2023, figura o seguinte acordo:

MVMC Guldriz (expediente 92/80), pertencente aos veciños da parroquia de Guldriz, no concello de Friol.

O 8.10.2021 tivo entrada unha copia da Sentenza firme do 29.3.2021, recaída no xuízo verbal 0001101/2018, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo.

A sentenza estima a demanda e declara que a parcela 73 do polígono 294 do catastro de rústica de Friol é propiedade da actora, Mª del Carmen Sánchez Castro, sen que teña a condición de monte veciñal en man común do lugar de Guldriz [...].

De acordo coa sentenza, o 27.3.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2021_37) en que se especifican as modificacións resultantes no monte de Guldriz, que pasa a ter unha superficie 202,18 ha. Achégase esbozo da situación actual do monte veciñal afectado pola sentenza.

Examinada a sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e proceder ás correccións oportunas, coa incorporación do novo esbozo ao expediente.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o devandito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 30 de xuño de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo