DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao monte Serra e Picato, no concello de Pol (expediente 103/80-7/2015).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 14.6.2023, figura o seguinte acordo:

MVMC Serra e Picato, pertencente aos veciños da parroquia de Pol (agás Eirón), no concello de Pol.

O 27.6.2019 foi aprobado o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Santo Estevo de Pol, declarado firme o 29.6.2022. En relación con isto, o Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo comunicou a necesidade de integrar a superficie concentrada do MVMC con plenos efectos xurídicos.

O 21.3.2023, o Distrito Forestal X elaborou unha memoria e cartografía (2022_265) en que se recollen as modificacións do monte veciñal por mor do proceso de reorganización da propiedade. A superficie resultante de Serra e Picato pasa a ser de 119,49 hectáreas.

Con base no disposto no artigo 70.6 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (Lei 7/2012), e no establecido nos artigos 25 e 39 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, modifícase o perímetro do monte e dáse por feito o seu deslindamento de acordo co establecido no artigo 54 da Lei 7/2012, no que respecta ao perímetro do monte veciñal afectado por esta reestruturación parcelaria.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar a modificación do monte e dar por feito o seu deslindamento no perímetro afectado pola reestruturación parcelaria antedita, de conformidade co anterior e o informe elaborado polo Distrito Forestal X.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras a modificación aprobada.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 30 de xuño de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file