Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43423

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 110/2023, do 13 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.

Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlles a súa máis alta distinción ás persoas que se indican a seguir.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de xullo de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Conceder a Medalla de Ouro de Galicia a:

– Juan Ignacio Pardo Suárez.

– Carlos Núñez Muñoz.

– María Luz Casal Paz.

Santiago de Compostela, trece de xullo de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes