Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 30 de xuño de 2023
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
PR204A 2023/733-4 |
14672732C |
Denegatoria |
PR204A 2023/3410-4 |
36168995T |
Denegatoria |
PR204A 2023/3903-4 |
44033076J |
Denegatoria |
PR204A 2023/4300-4 |
76834081M |
Denegatoria |
PR204A 2023/4350-4 |
53188834T |
Denegatoria |
PR204A 2023/4430-4 |
76931069W |
Denegatoria |
PR204A 2023/4457-4 |
44829848L |
Denegatoria |