Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: instalación ITC no apoio 9ULDN32S//23-1 da LMTA CBD803 Ribadumia 3 no Freixo.
Situación: concello Ribadumia.
Característics técnicas:
– Substitución do apoio 9ULDN32S//23-1 da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD803 Ribadumia 3 por un A-AG-C-2000/14.
– Instalación dun interruptor telecontrolado (ITC) no apoio proxectado A-AG-C-2000/14.
– Liña de media tensión aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 42 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 9UKIGS1U//23 e final no apoio proxectado A-AG-C-2000/14 nº 9ULDN32S//23-1.
– Retensado do van comprendido entre o apoio proxectado A-AG-C-2000/14 e o apoio existente nº 9UNEHRRH//23-2 (106 metros de condutor LA-56).
– A instalación está situado na rúa do Freixo, no concello de Ribadumia (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 15 de xuño de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/301-4.
Denominación: instalación ITC no apoio 9ULDN32S//23-1 da LMTA CBD803 Ribadumia 3 no Freixo.
Concello: Ribadumia.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia Catastral |
Titular |
Apoio |
|
Nº |
m2 |
|||||
1 |
Veiga |
Agrario |
36046D50110084 |
Mónica Paz Otero |
1 |
2,00 |