Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Láncara (expediente IN407A 2022/265-2).

Con data do 5 de maio de 2023, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se lle outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións previas e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada regulamentación LAMT CRG804 Sarria 4 entre apoios C2I7IV6T//119-70-A-6 e C2J77S40//119-70-A-9 Láncara (Lugo); no concello de Láncara.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Láncara, deducida da que se someteu a información pública no xornal El Progreso, do 25 de maio de 2023, e no Diario Oficial de Galicia, do 30 de maio de 2023, para que comparezan o día 27 de setembro de 2023 no concello de Láncara, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Láncara estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente, ou representados pola persoa debidamente autorizada e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 16 de xuño de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto para a regulamentación LAMAT CRG804 Sarria 4 entre os apoios C2I7IV6T//119-70-A-6
e C2J77S40//119-70-A-9 Láncara (Lugo)

Concello: Láncara.

Expediente: IN407A 2022/265-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Apoio
(sup. (m2)

1

8

305

As Pozas

Prado

José Manuel Fernández Fernández

C2IL0TWJ//119-70-A-7

2