Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Valga (expediente IN407A 2023/300-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio A1IGUK9S//36CKXO-10 da LMTA PAD811 e instalación ITC no Carballiño.

Situación: concello de Valga.

Características técnicas:

– Substitución do apoio A1IGUK9S//36CKX0-10 da liña de media tensión aérea (LMTA) PAD811, tramo PAD8110388, por un apoio C-3000/16. Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado (60 metros de condutor LA-30 e 91 de LA-56).

– Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio proxectado C-3000/16.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 18 metros de lonxitude, con orixe no apoio C-3000/16 e final na LMTS PAD8110358, mediante empalme na arqueta proxectada, fronte ao número 33 do lugar do Carballiño.

– A instalación está situada no lugar do Carballiño, parroquia de Xanza, no concello de Valga (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 15 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/300-4.

Denominación: substitución do apoio A1IGUK9S//36CKXO-10 da LMTA PAD811 e instalación ITC no Carballiño.

Concello: Valga.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Carballiño

Rústico

36056A014001310000AX

Intavalsa

1

1,69

94,63

3,97

113,82

12,77

2

Carballiño

Rústico

36056A014001320000AI

Intavalsa

34,18

28,98