Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2023/283-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS TUI807, CT O Rebindo.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 601 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación (CT) Budiño e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación a 160 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado no lugar do Rebindo, fronte ao número 18.

– A instalación está situada no Rebindo, parroquia de Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra).

– A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 15 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/283-4.

Denominación: LMTS TUI807, CT O Rebindo.

Concello: Salceda de Caselas.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Fontiña

Urbana

36049A028000290000KI

Iván González Ramírez e Vanessa Mendes Alonso

14,97

2

Tomada

Urbana

36049A028000280000KX

Iván González Ramírez e Vanessa Mendes Alonso

14,97

4,10

9,96