Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2023/214-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: PMACO Gestión, S.L.

Domicilio social: Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, rúa B, parcela 10, 36312 Vigo.

Denominación: LMTS, CS polígono industrial Porto do Molle, cuarteirón 1.

Situación: concello de Nigrán.

Características técnicas:

– LMT subterránea 20 kV, con condutor RHZ1, de 36 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS GON805, entre o centro de seccionamento 36CBHF e o apoio 9T2BFM45//D39-20-4, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.

– Centro de seccionamento telecontrolado, con celas prefabricadas, baixo envolvente metálica, de illamento integral en SF6.

– A instalación está situada no polígono industrial Porto do Molle, cuarteirón 1, parcelas 1.01 a 1.05, no concello de Nigrán.

Consideracións legais:

A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Polo que antecede, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG núm. 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Outorgar á empresa PMACO Gestión, S.L. autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Pontevedra, 9 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra