Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42150

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 22 de xuño de 2023 polo que se modifican as bases e se convoca o IV Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.

Dando cumprimento ao disposto na base 2 do Acordo do Pleno do 23 de setembro de 2019, polo que se crea o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión (DOG núm. 215, do 12 de novembro), modificadas mediante a Resolución do conselleiro maior do 23 de maio de 2022 polo que se publica o Acordo do Peno do 18 de maio de 2022 (DOG núm. 110, do 9 de xuño).

RESOLVO:

Ordenar a publicación do Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 22 de xuño de 2023, polo que se modifican as bases e se convoca o IV Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz, como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2023

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Convocatoria do IV Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz

O Consello de Contas de Galicia, como órgano de control externo con competencias en materia de prevención da corrupción, ten grande interese en promover a investigación en materias relacionadas con esta competencia e en coñecer aquelas iniciativas de carácter científico que poidan contribuír á análise dos temas propios das súas funcións de colaborar coas administracións públicas na implantación de sistemas de prevención e de manuais de xestión de riscos de corrupción; de comprobar os sistemas de prevención que se poñan en marcha; de asesorar sobre os instrumentos normativos máis axeitados para previr a corrupción; e de fomentar na sociedade civil, e particularmente no ámbito empresarial, a transparencia e o comportamento ético nas súas relacións co sector público.

Unha das formas de contribuír a este obxectivo consiste en empregar instrumentos que incentiven a elaboración de traballos relacionados coa prevención da corrupción no sector público, nas súas diversas vertentes, como son os premios de investigación.

O Pleno do Consello de Contas de Galicia, na sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2019, creou o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz para promover a investigación en materias relacionadas coa prevención da corrupción nas administracións públicas e aprobou as bases reguladoras para a súa concesión, que foron obxecto de publicación mediante a Resolución do conselleiro maior do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro).

Tras a experiencia das dúas primeiras edicións, o Pleno do Consello de Contas de Galicia, na sesión que tivo lugar o 18 de maio de 2022, modifica as bases reguladoras publicadas mediante a Resolución do conselleiro maior do 23 de maio de 2022 (DOG núm. 110, do 9 de xuño).

Porén, co obxectivo de favorecer a súa participación, resulta necesario incrementar o número de linguas en que poderán estar redactados os traballos.

Tendo en conta o anterior, o Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa sesión do 22 de xuño de 2023,

ACORDA:

Primeiro. Modificar o punto 3 da base 7 para a concesión do Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz nos seguintes termos:

Base 7. Requisitos dos traballos

3. O traballo poderá estar redactado nos idiomas oficiais do Estado español e en inglés.

Segundo. Convocar o premio correspondente á edición de 2023 (cuarta edición), que se rexerá polas seguintes disposicións:

Primeira. Convocatoria

Convócase o IV Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz correspondente á edición de 2023, de acordo coa base 2 do Acordo do Pleno do Consello de Contas, do 23 de setembro de 2019, polo que se crea o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión, publicado mediante a Resolución do conselleiro maior do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro), modificadas mediante Resolución do conselleiro maior do 23 de maio de 2022 pola que se publica o Acordo do Pleno do 18 de maio de 2022 (DOG núm. 110, do 9 de xuño).

Segunda. Requisitos e procedemento

Os requisitos e procedemento de concesión do premio serán os recollidos no Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, no cal se establecen as bases reguladoras para a súa concesión.

Terceira. Participantes

De acordo coa base 4 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, modificada polo Acordo do Pleno do Consello de Contas do 18 de maio de 2022, poderán concorrer ao premio os autores ou coautores de traballos de investigación que teñan o seu domicilio en calquera dos Estados membros da Unión Europea, que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación, composto por persoas físicas, baixo a coordinación dun dos seus integrantes, que actuará como representante do grupo e responsable do traballo para os efectos oportunos.

Non poderán concorrer ao premio:

a) Aquelas persoas que teñan a condición de membro do Pleno do Consello de Contas na data desta convocatoria.

b) Aquelas persoas que obtivesen o premio nas dúas edicións anteriores a esta convocatoria.

c) Aquelas persoas que formasen parte do xurado nas dúas edicións anteriores á presente convocatoria.

Cuarta. Prazo de presentación

En cumprimento da base 5 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, establécese que o prazo de presentación das solicitudes comezará a partir do día seguinte da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de novembro de 2023.

Quinta. Designación do xurado

De conformidade co disposto na base 9 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, modificada polo Acordo do Pleno do Consello de Contas do 18 de maio de 2022, o xurado estará composto por:

Presidente: conselleiro/a maior do Consello de Contas de Galicia.

Vogais:

– Antonio Arias Rodríguez.

– María Concepción Campos Acuña.

– María Inmaculada Valeije Álvarez.

Secretaria: María Pérez Vázquez.

Sexta. Prazo da decisión do xurado

De conformidade co establecido na base 11 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, modificada polo Acordo do Pleno do Consello de Contas do 18 de maio de 2022, o prazo para a emisión da decisión do xurado finalizará o 15 de decembro de 2023.

Sétimo. Dotación económica

A dotación económica do IV Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz é de 4.500 euros, distribuídos da seguinte forma:

a) Primeiro premio: 3.000 euros.

b) Segundo premio: 1.500 euros.

c) Accésits: no caso de ser declarados desertos o primeiro e o segundo premios, poderanse conceder ata tres accésits de 1.000 euros cada un.

A dita contía imputarase á partida orzamentaria 02.01.111C.481.01 do orzamento do Consello de Contas para o exercicio 2023.

Oitava. Modelo de solicitude e impreso de participación

Publícanse o modelo de solicitude e o impreso de participación que figuran como anexos I e II do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019.

Novena. Entrada en vigor

A presente convocatoria entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

Modelo de solicitude

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO IV PREMIO DE INVESTIGACIÓN CARLOS G. OTERO DÍAZ

En virtude do recollido nas bases reguladoras do Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz aprobadas polo Pleno do Consello de Contas na súa sesión do 23 de setembro de 2019 e publicadas mediante a Resolución do conselleiro maior do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro), modificadas mediante a Resolución do conselleiro maior do 23 de maio de 2022 pola que se publica o Acordo do Pleno do 18 de maio de 2022 (DOG núm. 110, do 9 de xuño), de acordo coa Resolución do Conselleiro Maior pola que se publica a modificación das bases e a convocatoria do IV Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz, aprobada polo Pleno do Consello de Contas na súa sesión do 22 de xuño de 2023 e tendo en conta que a participación nela non debe conter ningún elemento que permita identificar o/a autor/autora ou autores/as dos traballos,

SOLICÍTASE

Que o traballo titulado .... presentado baixo o pseudónimo de ...., por ...., con DNI ...., e enderezo electrónico[1] .... sexa admitido para concorrer ao IV Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.

Xúntase a seguinte documentación:

Sobre 1: será un sobre branco pechado co título do traballo exclusivamente. O contido deste sobre 1 será unicamente un exemplar do traballo en formato papel ou dixital (preferentemente) e deberá cumprir os requisitos previstos na base 7.

Sobre 2: será un sobre branco pechado co título do traballo e o pseudónimo do seu autor/a ou autores exclusivamente. O contido deste sobre 2 será unicamente o impreso de participación do anexo II xunto coa copia do DNI do seu autor/a ou autores.

 PRESTO O MEU CONSENTIMENTO para o tratamento dos meus datos de carácter persoal cos efectos previstos a continuación.

Os datos de carácter persoal que consten na solicitude de participación no premio serán tratados polo Consello de Contas de Galicia coa finalidade de xestión e resolución da convocatoria, debido ao seu interese público.

Os datos de carácter persoal serán conservados durante a tramitación do procedemento de concesión do premio e das reclamacións que puideren formularse, e será de aplicación a normativa de arquivo e xestión documental da Comuni-

dade Autónoma de Galicia. Os datos que resulten premiados nas modalidades que leven de seu unha prestación económica conservaranse de acordo co disposto na normativa tributaria estatal e autonómica.

Os datos de carácter persoal dos premiados poderán publicarse na páxina web do Consello de Contas e, de ser o caso, nas redes sociais e nos medios de comunicación.

Os participantes na convocatoria do premio poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, e a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando proceda, ante o Consello de Contas de Galicia, rúa Domingo Fontán, 7 15706, Santiago de Compostela, ou no enderezo electrónico dpd@ccontasgalicia.es.

Conselleiro maior

Consello de Contas de Galicia

Rúa Domingo Fontán, 7

15702 Santiago de Compostela

ANEXO II

Impreso de participación

A) SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO IV PREMIO DE INVESTIGACIÓN CARLOS G. OTERO DÍAZ

A.1. Datos do traballo

Título

Pseudónimo

A.2. Datos da persoa autora ou, de ser o caso, responsable do grupo investigador

Apelidos e nome

NIF/Pasaporte

Enderezo

Concello

Provincia

País

Código postal

Teléfono

Enderezo electrónico

A.3. Exclusivamente para o caso de que se trate dun grupo investigador sen personalidade xurídica propia, especificaranse os datos dos seus compoñentes, incluído/a o seu responsable indicado no punto A.2.

Apelidos e nome ou razón social

NIF/Pasaporte

% do premio para aplicar (1)

A.4. Exclusivamente para cando a persoa autora ou responsable sexa persoa física

Profesión

Organismo/Empresa

Posto de traballo

(1) Especifíquese a porcentaxe do premio para aplicar a cada un dos membros do grupo investigador.

B) AUTORIZACIÓNS E SOLICITUDE

B.1. Autorización expresa de comunicación telemática

 AUTORIZA, como medio de comunicación preferente, o enderezo de correo electrónico

B.2. Documentación non achegada por atoparse en poder do Consello de Contas de Galicia con anterioridade a esta solicitude (cúbrase só no caso de que proceda)

Descrición do documento

Descrición do procedemento onde se participaba

Data de presentación

B.3. Declaración, lugar, data e sinatura

O(s)/A(s) que asinan abaixo (2) en calidade de (3) .... realiza/n declaración responsable de que son certos cantos datos figuran na presente solicitude, de que o traballo presentado é orixinal, que non foi premiado con anterioridade á publicación da convocatoria e non está publicado nin se publicará ata que non se coñeza a resolución de concesión do premio mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, acepta/n na súa totalidade as bases reguladoras e, de ser o caso, autoriza/n a Secretaría Xeral do Consello de Contas de Galicia, a solicitar os documentos non presentados e relacionados no punto B2 deste impreso. Finalmente, se o traballo resulta premiado, comprométese a achegar a documentación que corresponda descrita na base 6.3.

En ...., .... de .... de ....

Asinado: ....

(2) No caso de ser un grupo de investigación, deberán asinar todos os seus membros.

(3) A persoa autora/as ou representante legal.

B.4. Autorización expresa para publicación e difusión dos traballos premiados

 AUTORIZA a publicación e difusión polo Consello de Contas dos traballos premiados

[1] É obrigatorio cubrir este campo para o caso de que sexa necesario emendar algún defecto da documentación.