Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42159

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 22 de xuño de 2023 polo que se modifican as bases e se convoca o IV Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.

BDNS (Identif.): 707104.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap-minhap.bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Autores ou coautores de traballos de investigación que teñan o seu domicilio en calquera dos Estados membros da Unión Europea, que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación composto por persoas físicas, baixo a coordinación dun dos seus integrantes, que actuará como representante do grupo e responsable do traballo para os efectos oportunos.

Segundo. Obxecto

Distinguir aqueles traballos de investigación cuxo contido garde relación coa prevención da corrupción nas administracións públicas.

Terceiro. Bases reguladoras

Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019 polo que se crea o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión, publicado mediante a Resolución do conselleiro maior do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro), modificadas mediante a Resolución do conselleiro maior do 23 de maio de 2022, pola que se publica o Acordo do Pleno do 18 de maio de 2022 (DOG núm. 110, do 9 de xuño), e pola Resolución do conselleiro maior do 23 de xuño de 2023, pola que se publica o Acordo do Pleno do Consello de Contas do 22 de xuño de 2023.

Cuarto. Financiamento

O premio previsto nesta convocatoria farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.111C.481.01 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Quinto. Importe

A dotación económica do IV Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz é de 4.500 euros, distribuídos da seguinte forma:

a) Primeiro premio: 3.000 euros.

b) Segundo premio: 1.500 euros.

c) Accésits: no caso de seren declarados desertos o primeiro e o segundo premios, poderanse conceder ata tres accésits de 1.000 euros cada un.

Sexto. Prazo de presentación

O prazo iníciase o día seguinte ao da publicación da convocatoria e remata o 15 de novembro de 2023.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2023

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia