Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41880

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2023 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo e terceiro cuadrimestre de 2022.

De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de maio a decembro de 2022, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023

José A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas académicas externas de estudantes das titulacións da Facultade de Xeografía e Historia e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

23.6.2022

0 €

Convenio de colaboración sobre intercambio de información entre a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Estatística para desenvolver actuacións do Plan galego de estatística 2022-2026 relacionadas co mundo académico.

27.7.2022

0 €

Convenio de colaboración sobre intercambio de información entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Estatística para desenvolver actuacións do Plan galego de estatística 2022-2026 relacionadas co mundo académico.

26.9.2022

0 €

Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas académicas externas curriculares de estudantes da Facultade de Socioloxía.

14.12.2022

0 €