Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41881

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2023 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade.

O máster universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), estableceuse por Acordo do Consello de Ministros do 18 de outubro de 2022, publicado mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 21 de outubro de 2022 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 28 de outubro.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 23 de xuño de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4318167.

Plan de estudos que se inicia no curso 2022/23.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, anexo II, punto 4.1).

1. Ámbito do coñecemento ao cal se adscribe o título: enxeñaría industrial, enxeñaría mecánica, enxeñaría automática, enxeñaría da organización industrial e enxeñaría da navegación.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….…..............…………...…

Optativas (OP)…..……….…………..............………

Prácticas externas (PE)...……………..............…….

Traballo de fin de máster (TFM)….........….……...…

Total………………………………..............………….

27

21

3

9

60

3. Contido do plan de estudos.

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Optativa (unha para elixir do cadro de optativas 1)

OP

3

Certificación da Eficiencia Enerxética

OB

4,5

Sistemas de Aproveitamento Solar

OB

4,5

Sistemas Térmicos, Coxeración e Biomasa

OB

4,5

Política Enerxética e Análise de Investimentos

OB

4,5

Sistemas Eólicos, Hidráulicos e Mariños

OB

4,5

Instalacións e Edificios Intelixentes e Sostibles

OB

4,5

Optativas (seis para elixir do cadro optativas 2)

OP

18

Prácticas en empresa

PE

3

Traballo de fin de máster

TFM

9

Optativas 1.

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Metodoloxía da Investigación Científica

OP

3

Sistemas Eficientes de Iluminación

OP

3

Optativas 2.

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Auditorías e Servizos Enerxéticos

OP

3

Mobilidade Eléctrica

OP

3

Xeración Distribuída, Polixeración e Microrredes. Smartgrid

OP

3

Eficiencia nos Sistemas Eléctricos

OP

3

Calidade do Servizo Eléctrico

OP

3

Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable

OP

3

Enerxía, Cooperación e Sustentabilidade

OP

3

Edificios de Emisións Nulas e Estratexias de Rehabilitación Eficiente

OP

3

Metodoloxía BIM

OP

3

Sistemas de Almacenamento de Enerxía

OP

3

Avaliación e Optimización da Sustentabilidade de Sistemas Enerxéticos

OP

3

Técnicas de Análise e Modelado de Datos para a Eficiencia

OP

3

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e existe un equilibrio de créditos entre cuadrimestres.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos segundo se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade pola Universidade da Coruña.