Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41744

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 21 de xuño de 2023 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe San Narciso, de Marín.

A persoa representante da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe San Narciso, de Marín, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Atención a Persoas en Situación de Dependencia, o ciclo formativo de grao superior (CS) Laboratorio Clínico e Biomédico e o CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico; así mesmo solicita a supresión de 6 unidades de educación primaria, 8 unidades de educación secundaria obrigatoria, o CS Administración e Finanzas, o CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos e o CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

1. Autorizar o CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, o CS Laboratorio Clínico e Biomédico e o CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.

2. Suprimir 6 unidades de educación primaria, 8 unidades de educación secundaria obrigatoria, o CS Administración e Finanzas, o CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos e o CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.

3. O centro queda configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: San Narciso.

Código: 36004526.

Enderezo: Chan do Monte, nº 27.

Localidade: Marín.

Concello: Marín.

Código postal: 36900.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Seimarin2019, S.L.

Composición resultante:

Educación infantil: 6 unidades.

Educación primaria: 12 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 6 unidades das modalidades de: Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais e Xeral.

Formación profesional, modalidade presencial, réxime ordinario:

a) Ciclos formativos de grao medio:

• 1 CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 postos escolares).

• 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior:

• 1 CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

• 2 CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva (4 unidades, 20 postos escolares cada unha).

• 1 CS Educación Infantil (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

• 1 CS Laboratorio Clínico e Biomédico (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades