Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41528

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

Advertido erro no extracto da citada resolución, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 15 de xuño de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

BDNS (Identif.): 701863.

Na páxina 37248, no punto 1 do ordinal cuarto, referido ao crédito orzamentario, onde di: «1. As axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.8 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, polos importes de 2.870.177 euros para a anualidade 2023 e 1.000.000 de euros para a anualidade 2024, respectivamente», debe dicir: «1. As axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.8 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, polos importes de 2.868.363 euros para a anualidade 2023 e 1.000.000 de euros para a anualidade 2024, respectivamente».