Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41527

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 15 de xuño de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 37213, no punto 1 do ordinal terceiro, referido ao crédito orzamentario, onde di: «1. As axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.8 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, polos importes de 2.870.177 euros para a anualidade 2023 e 1.000.000 de euros para a anualidade 2024, respectivamente.», debe dicir: «1. As axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.8 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, polos importes de 2.868.363 de euros para a anualidade 2023 e 1.000.000 euros para a anualidade 2024, respectivamente.»

A publicación desta corrección non modifica o prazo de presentación de solicitudes previsto no ordinal sétimo da Resolución do 1 de xuño de 2023.