Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2023 Páx. 41368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2022/428-1).

Expediente: IN407A 2022/428-1.

Promotora: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento CT Vilar de Queixas.

Concello: Cerceda.

Feitos:

1. O día 16 de decembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución denominado Recuamento CT Vilar de Queixas. Por mor das obras na estrada DP-2403 da Deputación Provincial da Coruña, para responder á petición de recuamento do centro de transformación de intemperie CT Vilar de Queixas (IN407A 01/188), instalado no lugar de Vilar de Queixas, parroquia de Santa María de Queixas, concello de Cerceda, proxéctase o desmantelamento do centro de transformación existente e a instalación doutro centro de intemperie de 100 kVA, que se instalará nun apoio situado nas proximidades do anterior.

Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende a seguinte documentación:

– Proxecto de execución denominado Recuamento CT Vilar de Queixas, asinado o 15 de decembro de 2022 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, colexiado núm. 2233 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense.

– Anexo I, asinado o 4 de maio de 2023 polo dito enxeñeiro.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Trasládanse separatas que conteñen as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo, tal como establece o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Unión Distribuidores Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Cerceda, Deputación Provincial da Coruña, Axencia Estatal de Seguridade Aérea e Telefónica. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados que foron emitidos, é dicir, a Deputación Provincial da Coruña e Telefónica.

4. O día 30 de maio de 2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. A lexislación aplicable neste expediente é a seguinte:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións atópanse no lugar de Vilar de Queixas, parroquia de Santa María de Queixas, no concello de Cerceda, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Retensado tramo existente LMTA a 20 kV, de 51 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio nº 3 existente tipo HV-13/1000 da LMTA a CT Vilar de Queixas (IN407A 01/188) e remate no apoio que se vai instalar para o CTI proxectado.

– CT de intemperie en Vilar de Queixas, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, que se vai instalar no apoio nº 4-CT proxectado tipo HVH-FL-13/1600. Desmantelamento do CTI Vilar de Queixas (IN407A 01/188).

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude acompañada da seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial das relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren adecuado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña