Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 14 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, polo que se da publicidade á composición do tribunal e á data de realización das probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Primeiro. Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 246, do 28 de decembro), convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Segundo. O tribunal está constituído polos seguintes membros, designados de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria:

a) Presidenta: Pilar Otero Moar (presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia).

b) Vogais titulares:

María del Mar Lamas Casal (con funcións de secretaria).

Rosa López Río.

Ana Díaz Teijeiro.

David Castro Sanmartín.

c) Vogais suplentes:

Patricia Fernández Fernández.

Catalina Martínez Leitao.

Iris Ferradás Cao.

Javier María Rúa Peón.

Terceiro. As probas realizaranse o sábado día 16 de setembro de 2023, ás 10.00 horas, no salón de actos da sede do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, sita na rúa Durán Loriga, 2, 1º, 15003 A Coruña.

Convócanse todos os aspirantes en chamamento único, no lugar e na hora indicados, sinalando que deberán ir provistos do seu documento nacional de identidade ou pasaporte e bolígrafo de tinta azul.

Durante a realización das probas non se poderá utilizar calculadora nin outro tipo de dispositivo electrónico ou móbil.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023

Elena Muñoz Fonteriz
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes