Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/16-1, nos concellos de Monfero e Miño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 132 kV Eume-Pedrido D.A.R. Ap.8-Ap.58, nos concellos de Monfero e Miño (expediente IN407A 2022/16-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais dos referidos concellos, segundo o calendario e horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectadas por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 14 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/16-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LAT 132 kV Eume-Pedrido D.A.R. Ap.8-Ap.58.

Concellos: Monfero e Miño.

Predio

Concello

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

4

Monfero

15051A01400048

Herdeiros de María Cortizas Suárez

27.7.2023

9.30

6

Miño

15049A01600022

Herdeiros de Manuel Couce García

27.7.2023

11.30

9

Miño

15049A00800563

Herdeiros de Manuel Chao

27.7.2023

11.45

10

Miño

15049A01101624

José Carlos González Gómez

27.7.2023

12.00