Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente PO-RES-2022-023.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta dirección xeral, sita no Edificio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente

Persona interesada

Acto notificado

PO-RES-2022-023

34876812A

Resolución