Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40604

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carnota

ANUNCIO de notificación ás persoas titulares descoñecidas ou que resulta imposible a súa notificación do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa.

Expediente 2022/X998/000130.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Metros afectados

Situación/denominación

Titular catastral

15020A040015700000MS

99

Testas a Silva/Mallou

Lago Crespo M. Anarcelia (herdeiros)

15020A040015050000MU

339

O Lombo/Mallou

Beiro Rama Manuel (herdeiros)

15020A040015710000MZ

561

Gruncheiras/Mallou

Fernández Tajes Antonio

15020A040015690000MU

212

Testas a Silva/Mallou

Rama Caamaño María

15020A040015010000MJ

378

O Lombo /Mallou

Formoso Cambeiro María (herdeiros)

15020A040015060000MH

431

O Lombo /Mallou

Caamaño Martínez María Manuela

15020A040015020000ME

531

O Lombo/Mallou

Martínez Castro Clarisa

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de 14.8.2020 se comprobou que na referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, do comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación provisional dos custos, que previsiblemente de lugar a devandita execución subsidiaria, ascenderá, de conformidade coas seguintes cantidades, dependendo dos traballos que sexan necesarios:

• Traballos mecanizados (na súa maior parte): 874,91 € por ha.

• Traballos manuais (na súa maior parte): 1.688,89 € por ha.

• Corta polo pé, tronzadura, amontoado e saca mecánica (con eliminación de residuos): 3.545,82 ha.

• Roza, poda e clareo de densidade media (con eliminación de residuos): 3.953,15 ha.

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador nas infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. Dado que se trata de parcelas rústicas, no caso de non ser atendido o requirimento, o concello dará traslado do actuado á Consellería do Medio Rural propoñendo a incoación dun expediente sancionador e a adopción das medidas que legalmente procedan para garantir o cumprimento de xestión da biomasa vexetal nas parcelas afectadas. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves farase de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter:

a) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

b) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

c) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Carnota, 8 de xuño de 2023

Juan Manuel Saborido Rama
Alcalde