Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40456

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 19 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631G).

BDNS (Identif.): 705109.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas os concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes, segundo o último informe publicado polo Instituto Galego de Estatística na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias aquelas entidades que incorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Os concellos e mancomunidades beneficiarios deberán observar o disposto na normativa aplicable en materia de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación para a adquisición dos vehículos subvencionables.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 19 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631G).

Cuarto. Financiamento e contía da subvención

As actuacións subvencionables serán financiadas integramente pola Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 22 de economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión social, liña de investimento I1.

Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2023, crédito por importe total dun millón de euros (1.000.000,00 €) consignado na aplicación orzamentaria 13.04.312E.760.2 (proxecto 2022 00189).

Será subvencionable, como máximo, un vehículo por entidade beneficiaria.

O importe da axuda poderá ser de ata o 100 % do custo do vehículo, cun límite máximo de 40.000,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.

Sexto. Outros datos

De conformidade co establecido na orde e nos termos establecidos no seu artigo 7:

Será subvencionable a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, que reúnan as seguintes condicións:

a) Os vehículos deberán estar clasificados como de emisións cero, de tipo eco ou etiqueta C verde pola Dirección Xeral de Tráfico, de acordo co disposto na Orde PCI/810/2018, do 27 de xullo, pola que se modifican os anexos II, XI e XVIII do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.

b) Os vehículos deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, de ser o caso. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.

c) A adquisición dos vehículos deberá realizarse dentro do período subvencionable, que será o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 5 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos.

Só se considera subvencionable a adquisición de vehículos novos.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude