Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade á resolución do expediente con código PO-00021538X(2.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Santa Mariña, concello Guitiriz, provincia Lugo, en cumprimento do artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Antecedentes:

Primeiro. O 20.12.2020 tivo entrada o expediente con código PO-00021538X(2.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal Santa Mariña.

Segundo. O 14.3.2023 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve formular a declaración de impacto ambiental do proxecto de ordenación forestal do MVMC de Santa Mariña (Guitiriz, Lugo), promovido pola CMVMC de Santa Mariña, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles prevalecerá o disposto nesta DIA.

Terceiro. O 22.5.2023 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a resolución do expediente con código PO-00021538X(2.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal Santa Mariña, concello Guitiriz, provincia Lugo, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Cuarto. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e, en todo caso, antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente, para a súa publicación, un extracto do contido da dita decisión.

Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Facer pública a resolución de aprobación citada no antecedente terceiro de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Expediente: PO-00021538X(2.1) titulado Proxecto de ordenación forestal Santa Mariña, concello Guitiriz, provincia Lugo.

A dita resolución poderase consultar na ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal 

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal