Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución do 21 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o Acordo da zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase á persoa interesada na relación adxunta, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución ditada no expediente da zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Acto notificado: Resolución do 21 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o Acordo da zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural, na forma legalmente prevista.

Lugo, 13 de xuño de 2023

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

DNI

1378

32436004R