Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40387

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan parcial SUR-I2, SUR-I3 e SUR-I4.

Aprobada inicialmente a modificación do Plan Parcial do sector SUR-I2, SUR-I3 e SUR-I4 do Concello de San Cibrao das Viñas, mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 25 de maio de 2023, de conformidade co artigo 75.1 a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública polo prazo de dous meses a contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:

http://sancibrao.sedelectronica.es

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión

Tipo de licenza

Totalidade do ámbito dos sectores SUR-I3 e SUR-I4, e na parte afectada pola nova ordenación do sector SUR-I2.

Construción

Segregación

Demolición

A duración da suspensión é dun ano, contado desde a aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

San Cibrao das Viñas, 22 de xuño de 2023

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa