Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40386

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do estudo de detalle da rúa Otero Pedraio.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 9 de maio de 2023, aprobouse inicialmente a modificación do estudo de detalle da rúa Otero Pedraio, concello de Nigrán, nos termos propostos no documento asinado polo técnico redactor o 27 de febreiro de 2023 (CSV C1QK5YCG4YWQOE8J).

En cumprimento do artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do artigo 194 do seu regulamento (Decreto 143/2016), o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

O citado proxecto pódese consultar presencialmente nas dependencias municipais, en horario laborable, de luns a venres, ou de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Nigrán (sede.nigran.org, sección Normativa municipal, subsección Normas en tramitación).

Igualmente, para os efectos do establecido no artigo 47.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público que na referida Resolución da Alcaldía do 9 de maio de 2023 se acorda a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no citado ámbito.

Nigrán, 10 de maio de 2023

Juan Antonio González Pérez
Alcalde