Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT 132 kV Eume-Pedrido D.A.R. ap.8-ap.58 (expediente IN407A 2022/16-1).

O 15.5.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ditou resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción e se declarou a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV Eume-Pedrido D.A.R. ap.8-ap.58, nos termos municipais de Monfero, Vilarmaior e Miño (A Coruña), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/16-1), que se publicou no Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio de 2023.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2023

Pablo Fernández Vila
Drector xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Resolución: declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT 132 kV
Eume-Pedrido D.A.R. ap.8-ap.58

Propietario

Datos do predio afectado

Concello

Ref. catastral

Hros. de Manuel Couce García: Marita Allegue Couce

6

Miño

15049A01600022

Hros. de Manuel Chao

9

Miño

15049A00800563

José Carlos González Gómez

10

Miño

15049A01101624