Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de 20 días para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución de apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución de apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 9 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/002- 4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución de apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

2

36900A090001450000QR

Descoñecido