Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense (expediente PR204A 2022/4231-3 e sete máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense, na avenida da Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 12 de xuño de 2023

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/equivalente

PR204A 2022/4231-3

44484686H

PR204A 2022/4906-3

Y3913554A

PR204A 2022/5238-3

34271702T

PR204A 2023/0097-3

44448518Y

PR204A 2023/0100-3

55146118F

PR204A 2023/0626-3

49714293T

PR204A 2023/0633-3

36060168D

PR204A 2023/0638-3

34998701S