Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica nos concellos de Noia e Lousame (expediente IN407A 2023/115-1).

Expediente: IN407A 2023/115-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento LMT BOI-806-Noia/Lousame.

Concellos: Noia e Lousame.

1. Características técnicas:

Modificación do treito da liña BOI-806 autorizado no expediente 52.381, de 993 metros de lonxitude, comprendido entre os seus apoios núm. 101 (matrícula: 9O4MSX2T) metálico de celosía e núm. 115 (matrícula: 9OPI8M0N) de formigón tipo S-AL-HV-630/15-Bov, consistente en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-56 e dos apoios sobre os que se atopa tendido, no treito da liña BOI-806, de 751 metros de lonxitude, comprendido entre os actuais apoios núm. 102 (matrícula: 9O72E7P9) de formigón tipo HV-1000/13 e núm. 114 (matrícula: 9OMEP7PE) de formigón tipo HV-630/13.

– Substitución, respectando o seu actual lugar na parcela con referencia catastral 15058A033000510000QJ, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 101, do apoio núm. 102 polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/16-H35-CA (CS).

– Retirada da rede do apoio núm. 114, que será substituído polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-3000/16-H35-CA (CS) nun lugar próximo na parcela con referencia catastral 15043J503013500000DO sen alterar o trazado da liña BOI-806, en que se proxecta a instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas. Esta operación implicará o retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), no novo van da liña BOI-806, de 132 metros de lonxitude, formado polo novo apoio proxectado e o apoio núm. 115 existente.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 1.885 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), con orixe en cela de liña do CT San Bernardo (matrícula: 15CFA6) e remate no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no novo apoio FL-C-3000/16-H35-CA(CS) proxectado.

Coa finalidade de manter a subministración de enerxía eléctrica aos usuarios da zona nas condicións regulamentarias, durante a execución das novas instalacións unha vez que sexan autorizadas, manteranse operativos algúns dos elementos da rede incluídos nos desmantelamentos proxectados, os cales serán rematados unha vez posta en explotación a liña eléctrica de media tensión soterrada.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 2 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Noia
Soterramento LMT BOI-806-Noia/Lousame

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Descoñecido

15058A033000510000QJ Polígono 33, parcela 51

Fontiña

Novo apoio núm. 102

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño