Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio 9UWP0JR0//113-1 na LMTA TUI803, LMTA e instalación RC, no concello de Tomiño, do que resulta beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/461-4).

A instalación denominada Substitución do apoio 9UWP0JR0//113-1 na LMTA TUI803, LMTA e instalación reconectador foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 12 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 29 de agosto de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos no predio que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Tomiño.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicarán a data e a hora en que se deberá presentar no seu predio, informándoa de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o predio afectado sexa descoñecida ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 30 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Substitución do apoio 9UWP0JR0//113-1 na LMTA TUI803, LMTA e instalación RC

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36054A062002810000EI

Carregal

Descoñecido

1

1.44