Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 39017

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para agregación de parcelas sitas na rúa Liberdade, 28 e na praza Manuel Sueiro, 3 (expediente planeamento urbanístico 2022016340).

De conformidade co disposto no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e do artigo 199.2 do Decreto da Xunta de Galicia 143/2016, anúnciase que o Pleno do Concello en sesión ordinaria, do día 13 de decembro de 2019, adoptou entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello en sesión ordinaria, do día 3 de maio de 2023, adoptou entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

6.1. Aprobación definitiva do estudo de detalle para agregación de parcelas sitas na rúa Liberdade, 28 e praza Manuel Sueiro, 3. Expediente de planeamento urbanístico 2022016340.

O Pleno do Concello, por unanimidade dos concelleiros asistentes, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Aprobar definitivamente o estudo de detalle aprobado inicialmente polo Acordo da Xunta de Goberno Local, do 5 de agosto de 2022, presentado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), con NIF Q-6550004-C, para a agregación das parcelas sitas na rúa Liberdade, nº 28 (con referencia catastral 3877602NG9837N0004WY) e praza Manuel Sueiro, nº 3 (con referencia catastral 3877603NG9837N0010FO) de Ourense, redactado polo arquitecto Baltasar Otero Gómez, de conformidade co informe técnico do 3 de maio de 2022, co ditame favorable da Comisión técnica municipal de protección de bens culturais do 8 de xuño de 2022, o informe xurídico do 7 de xullo de 2022, dilixenciado de conformidade polo asesor xurídico o 27 de xullo de 2022, e co informe favorable da directora xeral de Patrimonio Cultural do 15 de novembro de 2022, tendo en conta que tras a exposición pública non consta a presentación de alegacións.

2. Proceder á notificación deste acordo aos interesados para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.

3. Asumir como parte integrante deste acordo o informe da directora de VPP e PERI de cascos históricos (polo Decreto núm. 2023001024, do 2 de febreiro de 2023) do 9 de marzo de 2023 para os efectos de motivación».

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que xulgue oportuno.

Todo isto conforme o disposto nos artigos 52 da Lei reguladora das bases de réxime local; 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais; 45 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común; 10 e 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, e demais de aplicación.

Estará dispoñible o contido íntegro do instrumento de planeamento nas webs www.ourense.gal e www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga

Ourense, 26 de maio de 2023

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente