Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 39015

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de execución subsidiaria para o cumprimento de xestión da biomasa forestal por incumprimento dos obrigados.

En exercicio da facultade conferida polo artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise público que, mediante Decreto 270/2023, do 31 de maio de 2023, se resolveu o que segue:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da orde de execución imposta polo Decreto 529/2022, do 7 de outubro, contra os titulares catastrais das parcelas 67 e 69 do polígono 20, sitas no lugar da Riña, na parroquia de Santa María de Oia.

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, considérase que a limpeza xerará os custos que se detallan:

Nº de expediente

Ref. catastral

Data notificación/publicación

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión da biomasa

Data de constatación do incumprimento

Persoa responsable

1479/2022-URB/56/2022

36036A020000670000QU

DOG: 23.1.2023

BOE: 31.1.2023

Sta. Mª de Oia

A Riña/20/67

0,05178755

87,46 €

15.5.2023

P. M. A.

36036A020000690000QW

A Riña/20/69

0,04334887

73,21 €

15.5.2023

A. V. V.

Terceiro. Serve este edicto, como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados; o decreto constitúe liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen perxuício da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de corta e roza.

Cuarto. Os titulares identificados no expediente, e sinalados aquí coas súas iniciais, están obrigados ao cumprimento da orde de execución e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a execución subsidiaria supoña para esta administración.

Quinto. Ordenar a publicación de anuncio desta resolución no BOE e no DOG, polo que respecta aos titulares obrigados (P.M.A. da parcela 67 e A.V.V. da parcela 69, que substituirá as notificacións persoais, por seren descoñecidos os enderezos dos titulares).

O que se publica para coñecemento dos obrigados (en ausencia de enderezo coñecido), en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, aos cales se lles fai saber que:

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra este poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non queren exercer o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Polo que respecta á liquidación provisional dos custos de xestión da masa forestal, en voluntaria, que ascende ás cantidades que se identifican en cada caso, requíreselles o pagamento mediante ingreso en conta bancaria municipal aberta a nome do concello de Oia en Abanca ES86/2080/5080/4130/4000/1001, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de impagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Oia, 31 de maio de 2023

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa en funcións