Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38809

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia, na cal se actualizan as táboas salariais para o ano 2023.

Visto o texto da acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de Actores e Actrices de teatro, de Galicia na cal se actualizan as táboas salariais para o ano 2023, que se subscribiu con data do 24 de marzo de 2023, entre a representación da organización empresarial Escena Galega e Agadic e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais UGT, CIG, CC.OO. e AAAG, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

resolve:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo de Actores e Actrices de teatro de Galicia

En Santiago de Compostela, sendo ás 11.30 horas do día 24 de marzo de 2023, reúnese telematicamente a Comisión Paritaria do Convenio Colectivo de Actores e Actrices de teatro de Galicia.

Parte empresarial:

– Patricia de Lorenzo González (Escena Galega).

– Francisco Javier Núñez Alonso (Agadic).

Parte sindical:

– Ramón Dopico López (UGT).

– María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

– Adolfo Naya Fernández (CIG).

– Antonio Salgado Rodríguez (AAAG).

– José Luis López Roca (AAAG).

O obxecto desta reunión é a actualización das táboas salariais do Convenio Colectivo de Actores e Actrices de Teatro de Galicia.

Logo do debate e análise da dita cuestión por parte das representacións integrantes desta comisión, procede reflectir en acta o seguinte:

Primeiro. Esta comisión paritaria acorda, por unanimidade, proceder á actualización das táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2023, de conformidade co contido dos dous anexos que se achegan a esta acta.

Segundo. Esta comisión delega no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación desta acta perante a autoridade laboral competente.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión, ás 12.00 horas do día sinalado no encabezamento, e expídese para o efecto esta acta, que asinan en proba de conformidade as persoas relacionadas en nome de todas e cada unha das representacións asistentes.

Patricia de Lorenzo González (Escena Galega)

Francisco Javier Núñez Alonso (AGADIC)

María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.)

Adolfo Naya Fernández (CIG)

Ramón Dopico López (UGT)

José Luis López Roca (AA.AG.)

Antonio Salgado Rodríguez (AAAG)

Tarifas 2022

Proposta tarifas 2023 suba do 5,7 % IPC

Salario mensual

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

2.196,29

1.830,32

2.321,47

1.934,65

Principal

1.937,90

1.601,72

2.048,36

1.693,02

Secundario

1.593,39

1.487,30

1.684,21

1.572,08

Elenco

1.419,92

1.258,49

1.500,86

1.330,22

Salario bolo

Compañías grupos A e B

Compañías grupos A e B

Protagonista

201,19

212,66

Principal

180,91

191,22

Secundario

161,09

170,27

Elenco

142,21

150,32

Retribución por gravación

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

462,37

439,39

488,72

464,43

Principal

416,43

393,45

440,16

415,88

Secundario

364,73

358,98

385,52

379,44

Elenco

324,52

312,40

343,01

330,20

Axudas de custo Galicia

51,48

54,42

Retribución persoal artístico das compañías institucionais 2023

Retribucións:

– Protagonista: 3.186,59.

– Principal: 2.396,49.

– Secundario/a: 1.794,19.

Cesión de dereitos:

Categoría

Cesión dereitos

Imaxe (5 %)

Total

Protagonista

512,46

25,62

538,09

Principal

448,27

22,41

470,68